A Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia é unha organización de carácter empresarial fundada en decembro de 1990 para mellorar a defensa dos intereses do gremio e avanzar no logro dun sector gráfico galego competitivo e exemplar. Na actualidade reúne a un total de 146 empresas asociadas, das que 12 son firmas de provedores en calidade de socios colaboradores.
A Asociación ten, entre outros, como fins primordiais, os seguintes:
Representar, xestionar e defender os intereses económico-sociais e profesionais dos seus membros.
Realizar as accións necesarias para facilitar a formación profesional e a innovación tecnolóxica.
Coordinación e unión de forzas fronte a problemas comúns.
Creación e mantemento de servicios propios de interés común para os seus membros.
Negociar acordos, en representación das empresas dos asociados con organismos públicos e privados.
Informar aos asociados en cantas materias afectan ao desenvolvemento orgánico e profesional dos mesmos.
Facilitar datos, informes e estudios sobre temas de interese común para os empresarios do sector.
Relacionarse con outras organizacións empresariais, nacionais e extranxeiras.